“O problema é que estamos a mediados de setembro e aínda non se fixeron as obras; Xa rematou o prazo de 2 meses e medio. Van máis de 5 meses pero non se sabe nada destas obras”, indica Pablo Vizoso, portavoz municipal do BNG de Ribadeo.
Vizoso engade: “O que sí se sabe é que estas obras xa estaban programadas polo goberno anterior do BNG no convenio do ARI, asinado coa consellería de vivenda e co Ministerio de Axenda Urbana en base ao Plan Estatal de Vivenda do ano 2021”.
Nese convenio establecíase realizar as obras de urbanización despois de comprobar que os propietarios particulares acometeran tamén as obras para as que recibiron as axudas deste convenio. As obras tiñan que estar rematadas antes do 1 de abril deste ano, aínda que o prazo foi prorrogado até o 30 de xuño.
“E o que tamén se sabe é que o Concello perdeu a subvención de 36.000 € que achegaba o Ministerio e que o Concello tivo que renunciar a estas obras pola súa incapacidade para xestionalas, e por non poder achegar a cantidade que lle correspondía debido á nefasta situación económica á que nos levou este goberno municipal do PP. E xa sabedes cal é o resultado: Nin obras, Nin cartos…” remata Vizoso.