Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela estréase con vitoria en Vista Alegre (3-0)

Primeira parte para o Burela e segunda para o Jaén nun bonito ye competido encontro no que os de David Rial tuvieron máis tino, aguantando firmes o xogo de 5

Burela, 27 de setembro, 2025. Estrea da 2ª División de Fútbol sala no pavillón Vista Alegre nesta segunda xornada, onde os Pícaros se enfrontaron ao Avanza Jaén Paraíso Interior nunha animada bomboneira. Un bonito partido na casa, cunha primeira parte dominada polo Burela e unha segunda parte na que o conxunto burelense sufriu máis ante un intenso Jaén que non logrou anotar a pesar das numerosas ocasións.

Empeza con forza o partido para o Burela cun gol no minuto 1 nunha recuperación de Charly na área rival, case na liña de fondo, que lla pasa a Alberto marcando a pracer. Continúan dominando os burelenses deixando poucas ocasións de tirar a porta ao conxunto visitante. No minuto 8 chega o segundo dos locais cun gol de Pitero nun penalti. Comezan as ocasións para o conxunto jaeniense pero non logran finalizar con éxito, manténdose durante uns minutos na área rival. Xogo de balón e poucas chegadas a portería, unha de Charly no minuto 17 que atrapa Coello e un bo despexe de João Silva no 18 a un disparo de Giasson. Chega ou descanso con 2-0 non marcador.

Primeiros mintuos da primeira parte de novo con moito xogo de balón pero non moitas finalizacións, minutos competidos nos que ambos equipos buscan o tanto. Paradón de João no minuto 28 e ocasión de Jason cun disparo frontal tras un saque de corner que detén Conejo e vólvea a ter Alán tras unha recuperación de Jason pero vaise polo fondo demasiado cruzada. Lánzaa fóra Jackson no minuto 29 nun remate dende a área e no 31 Aitor por encima do traveseiro. Numerosas ocasións do Jaén pero chega o terceiro do Burela no minuto 34, un gol de Pitero a portería baleira nunha saída e perda de Conejo. Segundos despois Jaén aposta por xogo de 5 pero as ocasións laranxas non cesaron, o cuarto a punto estivo de chegar outra vez sen guardian baixo paus. Continúa xogando de 5 o Jaen ata o final do encontro, con oportunidades pero a defensa do Burela mantense férrea ata o pitido final.

Ficha Técnica Burela FS 3-0 Avanza Jaén Paeaíso Interior

Burela FS (3): João Silva; Pitero, Charly, Alberto, Izan, -quinteto inicial-, Marquinho, Jason, Meira, Alán,

Avanza Jaén Paraíso Interior (3): Conejo; Dani Giasson, Hugo Martínez, Aitor, Titín -quinteto inicial-, Ureña, Jackson, Iván Gemes, Joseliyo, Mario, Antonio Quesada (P), Pablo Escribano (C), Molero, Tincho.

Goles: 1-0, min. 1: Alberto. 2-0, min. 8: Pitero. 3-0, min.34: Pitero.

Árbitros: Bernardo Simón, Brian Torquemada, Javier Menéndez, Clara Diez.

Incidencias: Viron a tarxeta amarela, por parte dos locais, Pitero, Marquinho, Alán, João Silva, Jason e David Rial. Por parte do equipo visitante, Titín e Conejo.

Exit mobile version