Competido encontro ante as vilalbesas no que o Burela logra sobrepoñerse na segunda parte anotando os dous goles nos últimos 10 minutos
Primeiros minutos de xogo cos dous equipos atopándose, moito xogo de balón pero sen chegar a portería, a primeira ocasión será para o Vilalba no minuto 15, un pase escorado de Elvi que se vai moi lonxe da meta pola liña de fondo, e continúa presionando o equipo local con outra no 7, tamén de Elvi que logra despexar Ana Eliza. A primeira clara do Burela será no 7 cun roubo de Sydorenko que non atina nun cara a cara coa porteira. Case anota o primeiro Lara Balseiro no 8 tras unha recuperación nun mal pase de Sydorenko, a viveirense corre pola banda e dispara índose o balón pola liña de fondo. Mandaa por riba do traveseiro Lara no 9 nun remate dende a área. Proba no minuto 11 con porteira xogadora o Vilalba con Pasto coa camiseta rosa nunha xogada breve na que dispara case a córner. Comezan as ocasións para ambos equipos nos próximos minutos que non logran vencer a ambas porteiras, chega a máis clara do encontro, ata o momento, cun disparo de Silvia Rubal e remate de Sandra tras unha boa estratexia con Irene e Lara tras un saque de banda, a dous minutos do descanso, que atrapa Albita. Tras un tempo morto para o Burela no último minuto dispara fora Lara tras unha xogada de estratexia. Falta perigosa a 15 segundos que lanza Cris Blanco rozando o segundo pau e chega o descanso.
Primeiro lanzamento a porta na segunda parte de Lara no primeiro minuto, que se vai por cerca do pau. Busca o Burela o gol nests primeiros minutos, non deixando moitas opcions ao Vilalba pero non logrando materializar ningún disparo. Boísima recuperación e desmarque pola banda de Sydorenko no minuto 25 que non chega a finalizar coa suficiente forza e escápase polo fondo. Boa parada de Ana Eliza nunha contra do Vilalba e disparo de Elvi tras recuperación e pase de Marta Hermo. Roza o segundo pau Marta Hermo nunha ocasión clarísima no minuto 27 nunha falta de entendemento entre Cris Blanco e Ana Eliza que aprobeita a xogadora vilalbesa cun disparo picado. Potente disparo de Alvite no 31 que tamén se vai polo fondo e volve rozar o pau outro disparo de Paula Rodríguez no 32. Salvaa Ana Eliza co pé nun cara a cara con Antía Leal un minuto despois que aprobeita o rexeite lanzándoa por riba da portería, e volve facelo segundos despois tras un pase de Lara nuha recuperación no medio da pista. Vaise rozando o segundo pau, unha vez máis un disparo de Cris Blanco na seguinte xogada e despexa coas mans Albita un disparo de Lara nun cara a cara coa porteira segundos despois tras un bo pase longo de Ana Eliza. Moitas oportunidades e chega o 0-1, un disparo frontal de Lara que toca nunha xogadora do Vilalba tras un saque de banda. Roza o segundo pau Sydorenko no 37 nun disparo dende os 5m. No último minuto case logra o empate Mery que se atopa con Ana Eliza nun remate pero acaba anotando o segundo a capitana, Silvia Rubal, tras recuperala en propia pista e disparar a porta baleira en pleno xogo de 5 do Vilalba.
Ficha Técnica Grupo Forma-T Vilalba FS 0-2 Burela FS
Vilalba FS (0): Albita; Antía Leal (C), Marta Hermo, Pasto, Lara Balseiro -quinteto inicial-, Elvi, Alvite, Fanny, Saínza, Mery, Paula Rodríguez.
Burela FS (2): Ana Eliza (C); Cris Blanco, Silvia Rubal, Lara, Irene -quinteto inicial-, Laura Barranco, Sydorenko, Sandra.
Goles: 0-1, min. 34: Lara. 0-2, min. 40: Silvia Rubal.