O Burela non logra sobrepoñerse a un Guadalcacín que foi superior durante todo o partido, salvo nos dez últimos minutos
Arranca o partido atacando o Guadalcacín sen lograr tirar a porta e no minuto 4 a primeira ocasión para o Burela cun disparo de Sandra que atrapa Sandra Buzón non permitindo o remato de Laura Barranco. Salvaa co pé a mesma Laura nun disparo de Delia no minuto 6 e posteriormente, Ana Eliza nun disparo cruzado de Elena Aragón e noutra ocasión similar protagonizada por Lora. Tras un peligrosísimo pau de Ame Romero nun disparo dende o borde da área chega o primeiro das visitantes tras unha recuperación nun saque de banda, cun disparo frontal de Lora que se coa xunto ao pau. Chega o segundo, de novo da man de Lora nunha boa combinación na área.
Na segunda parte continúa impoñéndose o Guadalcacín anotando o terceiro xa aos tres minutos, cun disparo de Rocío Molina dende os 5 metros, un balón que se lle escapa a Ana Eliza das mans tras un saque de banda. Pouco despois chega o cuarto, tamén por parte de Rocío Molina, que regatea á porteira brasileira na área tras unha boa transición. No minuto 30 espabila o Burela cunha primeira ocasión de Lara que case chega rematar un balón que acaba saíndo polo fondo da pista, pouco antes de lanzala ao traveseiro Sydorenko nun disparo frontal que puido ser a ocasión máis clara das burelenses en todo o encontro. Por fin chega o primeiro tanto das locais nunha boa combinación entre Laura Barranco, que a recupera no medio da pista, con Sydorenko e que finaliza Lara rematando dende a área.
Ficha Técnica Burela FS 1-4 Guadalcacín FSF
Burela FS (1): Ana Eliza (C); Cris Blanco, Sandra, Lara, Irene -quinteto inicial-, Laura Barranco, Sydorenko, Marina.
Guadalcacín FSF (4): Sandra Buzón; Lora, Ame Romero, Jussara, Laura Dávila -quinteto inicial-, Elena Aragón, Delia (C), Rocío Molina, María López.
Goles: 0-1, min. 12: Lora. 0-2, min. 18: Lora. 0-3, min. 23: Rocío Molina. 0-4, min. 27; Rocío Molina. 1-4, min. 37: Lara.
Árbitros: Paula Álvarez, Borja Darriba e Eva López.
Incidencias: Viron tarxeta amarela, por parte das locais, Lara e por parte das visitantes, Rocío Molina.