A directora de Desenvolvemento Pesqueiro visita as instalacións do Centro de Investigación Mariñas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, en Ribadeo para analizar o traballo que se vén realizando e estudar novas actuacións
As previsións son que nas vindeiras semanas sexa entregado un lote de 100.000 unidades de ameixa babosa para o seu preengorde nas instalacións da confraría da Illa de Arousa. Tamén está prevista outra entrega de 117.000 unidades de ostra plana no marco do proxecto Ostreares. Unha iniciativa enmarcada na rede de colaboración entre os centros de investigación mariña autonómicos e o sector pesqueiro, Redemar, que ten como obxectivo a restauración de los bancos naturais de ostra plana en la enseada de San Simón, na ría de Vigo, e na que colabora a Federación de Confrarías de Pescadores de Pontevedra.
Ángeles V. Suárez puxo en valor o traballo e experiencia dos técnicos deste centro autonómico que desempeñan un papel fundamental á hora de proveer ás entidades sectoriais de semente de especies marisqueiras para o desenvolvemento de accións de rexeneración das zonas produtivas. Así, resaltou as súas instalacións punteiras que, grazas á utilización de enerxías renovables, non depende de combustibles fósiles, non ten pegada de carbono. Un feito que exemplifica o compromiso do Goberno galego pola sostibilidade dun sector estratéxico para Galicia.
A directora xeral subliñou que a comunidade conta con centros referentes no ámbito da investigación mariña e resaltou o seu papel e contribución á competitividade e sustentabilidade da actividade pesqueira e marisqueira da comunidade. Un modelo de colaboración e traballo conxunto que resulta fundamental para reforzar o liderado internacional de Galicia no ámbito pesqueiro.