A actividade celebrarase o próximo 18 de outubro na Biblioteca Pública Municipal de 11:30 a 12:20h
A actividade está dirixida a nenas e nenos a partir de 3 anos, que poderán participar acompañados dos seus proxenitores. O taller permitirá que cada participante cree o seu propio monicreque e aprenda a darlle vida a través da animación, combinando creatividade e diversión.
As inscricións xa están abertas na Biblioteca Pública Municipal e permanecerán dispoñibles ata o xoves 16 de outubro, en horario de mañá e tarde. O número de prazas é limitado a 40 nenos e nenas, que se cubrirán por orde de inscrición.
O obradoiro contará coa presenza especial de Tin (o Calcetín) e Tina (a Calcetina), dous simpáticos monicreques que participarán na xornada e dinamizarán a experiencia.
Esta iniciativa enmárcase no programa autonómico “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia, que promove o hábito lector e a creatividade mediante actividades culturais abertas á cidadanía.