Os emprendedores Adrián Cao Borrajo e Alejandro Molina Otero impulsan “O Club”, un espazo hostaleiro e cultural que será un novo punto de encontro veciñal chamado para dar un impulso á vida social e económica desa zona
Con esta iniciativa, o espazo emblemático de Ríocobo recupérase como punto de encontro veciñal, ampliando os servizos á cidadanía e ofrecendo unha programación cultural e social de primeiro nivel. Ademais do servizo de bar-cafetería con produtos locais de calidade, “O Club” acollerá concertos acústicos, espectáculos de humor, cine-fórum, exposicións, obradoiros, clubs de lectura e actividades para todas as idades, así como programas especiais en verán e Nadal.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, salientou que “con esta cesión ampliamos servizos e recuperamos unhas instalacións que son referencia no noso concello, ao tempo que apoiamos o autoemprego e xeramos novas oportunidades de dinamización económica e cultural”. A o mesmo tempo, quixo desexar moita sorte a Adrián e Alejandro nesta nova etapa, confiando en que o seu proxecto será un éxito e beneficiará a todo o Concello.
Adrián e Alejandro amósanse ilusionados por poñer en marcha este proxecto, “que nace coa vontade de ser un lugar de encontro aberto a todo o municipio, pensado para convivir, compartir e dinamizar a vida social de Ríocobo e de todo o Concello.