Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Navia aproba o expediente para renovar e ampliar o Paseo Marítimo

Navia, 25 de setembro de 2025. A Xunta de Goberno Local do Concello de Navia aprobou o inicio do expediente de licitación para as obras de renovación e ampliación do Paseo Marítimo, cun orzamento de 411.623€

Este proxecto busca transformar a zona do porto para mellorar as súas calidades espaciais e materiais, facéndoa máis funcional. A actuación está orientada a aumentar os espazos peonís e fomentar o uso da bicicleta, á vez que se renova a imaxe da contorna para facelo máis agradable e dinámico. A proposta respecta en todo momento o espazo de aparcamento existente e os usos lúdico-festivos do lugar.

O Concello de Navia inicia así os trámites para un proxecto de gran relevancia que dotará á vila dun espazo público renovado e moderno para o goce de veciños e visitantes.

Exit mobile version