Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ortigueira abre o prazo de inscrición das escolas deportivas municipais 25/26

Ortigueira, 23 de setembro, 2025. O Concello de Ortigueira abre o prazo de inscrición das escolas deportivas municipais 25/26.

As persoas interesadas poderán inscribirse na piscina municipal, no teléfono 981 422 026 ou nos monitores/as respectivos. Todas as actividades están condicionadas a un mínimo de persoas inscritas para poder levarse a cabo.

PROGRAMACIÓN COMPLETA

PISCINA MUNICIPAL. Actividades de natación. (Todas as sesións son de 45 minutos)

-CURSOS DE NATACIÓN. MENORES.

De luns a venres, ás 16:30, 17:15 e 18:00 horas. Por niveis.

-CURSOS DE NATACIÓN ADULTOS

Luns e mércores, ás 10:45, 11:30, 20:00 e 20:45 horas.

– CURSOS DE NATACIÓN +12 (12 a 17 anos)

Martes e xoves, en horario de 20:00 a 20:45 horas.

– AQUAGYM

Venres, en horario de 10:00-10:45 h. e de 10:45-11.30 horas

SALA DE ACTIVIDADES DA PISCINA

– XIMNASIA RECUPERADORA

Martes, ás 10:00 e ás 10:45 h.

Mércores, ás 10:00 h.

– XIMNASIA DE MANTEMENTO

Luns e venres, ás 17.00 h.

– CIRCUITO 1

Martes e xoves, en horario 17:15 a 18:00 h.

– CIRCUITO 2

Martes e xoves, en horario de 18:00 a 18.45 h.

– CIRCUITO 3

Martes e Xoves, en horario de 18:45 a 19.30 h.

– TAICHI

Martes, en horario de 19:45 a 20:45h .

POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

– PATINAXE 1.

Venres, en horario de 16:00 a 17:00 horas. Pequenos de 3 a 6 anos

-PATINAXE 2

Venres, en horario de 16:00 a 17:00 horas. Nenos de 7 a 12 anos, Iniciación.
Venres, en horario de de 17:00 a 18:00 horas. Intermedio

– PATINAXE 3

Venres, en horario de 18:00 a 19:30 horas. Rapazada de 13 a 17 anos.

– PATINAXE 4

Luns, en horario de 20:00 a 22:00 horas. Adultos

– TENIS DE MESA

Martes, en horario de 20 a 21 horas

– TENIS

Xoves, en horario de 20 a 21 horas

– PÁDEL (Iniciación e perfeccionamento)

Martes, ás 16:00, 17:00, 18:00 e 19:00 horas.(segundo niveis). Na pista de pádel cuberta

XIMNASIA en parroquias en centros sociais

Martes: (Senra, 16:00 h), (San Claudio, 17:00 h), (Ponte Mera, 18:00 h), (San Adrián, 19:00 h)

Mércores: (Barbos, 19:00 h)

Xoves: (Couzadoiro, 16:00 h), (Baleo, 17:00 h), (Espasante Porto, 18:00 h), (Ladrido, 19:00 h)

Venres: (Loiba, 16:00h), (Espasante A Basteira, 17:00h), (O Ermo, 18;15h)

Confirmación de días e horarios o primeiro dia de actividade co monitor/a.

ACTIVIDADES EN COLABORACIÓN

ORGANIZADAS POLA ANPA CURUXEIRA do CEIP JOSÉ MARÍA LAGE.

-ATLETISMO

Mércores. De 16:00 a 17:00 horas. Polideportivo municipal.

-FÚTBOL SALA

Luns, de 16:00 a 18.30 horas. Polideportivo municipal.

ORGANIZADA POLO CLUB DE KARATE ORTIGUEIRA

-KARATE

Luns, mércores e venres, en horario de 19 a 21,30 horas. Sala de Actividades da Piscina Municipal

-PILATES

(Profesora: Aránzazu Regadera)

Martes, en horario de 20:55 a 21:50 h. Sala de Actividades da Piscina Municipal.

Xoves, en horario 20:30 a 21:30 h. Sala de Actividades da Piscina Municipal.

-VOLEIBOL

Organizada polo Club Deportivo Aldebarán.

Martes e Xoves: En horario de 16:00 a 19:30 h. Polideportivo municipal.

Mércores: En horario de 17:00 a 20:00 horas. Polideportivo municipal.

NOVAS ACTIVIDADES

-ACROIOGA
Profesoras: Nerea Galán y Irene López

Sábados, en horario de 10 a 13 horas. Sala de Actividades da Piscina Municipal.

–BREATHWORK (Respiración consciente). Respira Salvaje

Facilitadora: Rebeca Schimensky

Mércores, en horario de 18:00 a 18:50 h. Ximnasio da piscina municipal

Sábados, en horario de 17:00 a 18:30 h. Ximnasio da piscina municipal

Exit mobile version