Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Trabada abre o prazo de inscrición para os cursos de talla en madeira, que se desenvolverán a partir do mes de outubro na Escola de Vilar Betote

NUEVOS POSTS CONCELLO DE TRABADA (1080 x 1350 px) – 197

Trabada, 17 de setembro de 2025. O Concello de Trabada abre o prazo de inscrición para unha nova actividade formativa: os cursos de talla en madeira, que se desenvolverán a partir do mes de outubro na Escola de Vilarbetote, na parroquia de Sante.

As sesións terán lugar todos os martes, en horario de 20:30 a 22:30 horas, e están dirixidas a persoas maiores de 15 anos. Non é necesario ter experiencia previa, polo que a actividade está aberta a todo tipo de participantes. O custo é de 40 euros mensuais, e cada persoa deberá aportar o seu propio material de traballo, que se detallará na primeira sesión.

O prazo de inscrición remata o 3 de outubro, podendo formalizarse nas oficinas municipais do Concello ou a través do teléfono 982 135 011.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “seguimos ampliando a nosa oferta de actividades con propostas variadas que chegan a diferentes sectores da poboación. Neste caso, apostamos pola talla en madeira como unha iniciativa cultural e creativa que pode atraer tanto a persoas que buscan iniciarse coma a quen quere mellorar as súas habilidades”

Con este curso, o Concello de Trabada continúa na súa liña de dinamizar a vida local e ofrecer alternativas de formación, lecer e participación á veciñanza.

Exit mobile version