Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado da Xunta visita o restuarante Náutico de Ribadeo, un dos catro da Mariña beneficiados para actuacións de modernización e mellora

Ribadeo, 16 de setembro de 2025. A Xunta de Galicia destinou máis de 168.000 euros a 13 empresas de restauración da provincia de Lugo para actuacións de modernización e mellora das instalacións e equipamento.

O delegado territorial, Javier Arias, comprobou hoxe os traballos executados ao abeiro deste programa no restaurante Náutico, en Ribadeo, e explicou que o Goberno galego impulsa “unha oferta turística de calidade, que sexa referente da imaxe de Galicia a nivel global”.

Catro dos establecementos beneficiados na provincia están situados na capital, tres de Ribadeo, e os demais en Sober, Outeiro de Rei, Rábade, Barreiros, O Corgo e Ribas de Sil. Os apoios están dirixidos a financiar iniciativas de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, renovación de elementos, embelecemento da contorna ou dixitalización da xestión, e tamén a facilitar a adaptación a cambios normativos, o incremento de categoría ou a obtención da Q de calidade turística.

Igualmente, apóianse intervencións na mellora da climatización que favorezan o aforro enerxético e a mellora de sistemas de extracción e renovación do aire. Neste sentido, Arias lembrou que Turismo de Galicia conta cunha liña de axudas específica para fomentar a eficiencia enerxética nos establecementos turísticos, que este ano beneficiou a 38 empresas do sector na provincia lucense.

O delegado sinalou que “a calidade da oferta gastronómica da que facemos gala na provincia débese en gran medida á aposta dos hostaleiros pola mellora continua das súas instalacións, produtos e servizos”. A Xunta, engadiu, “apoia os seus esforzos por implementar os estándares de calidade que demanda o mercado”.

Exit mobile version