“Lamentamos que cada vez que este Concello programa un traballo cos recursos dispoñibles, a que consideramos a peor oposición da historia de Mondoñedo acuda a sacar unha foto e criticar por sistema, en lugar de propoñer si algo se pode mellorar”.
“Co seu comportamento, só contribúen a danar a imaxe da nosa cidade, que con esforzo e dedicación, desde as distintas concellerías do goberno municipal e xunto ao tecido asociativo, traballamos por coidar e mellorar”.
“O PSOE de Mondoñedo bota fume ao aire, sen achegar solucións reais probablemente porque non as teñen e, de feito, cando formaron parte do goberno local, a situación das canles non estaba moito mellor do que está hoxe, xa que 2non existía un calendario planificado de limpezas”.
“Desde o goberno local seguiremos facendo o noso traballo con planificación e responsabilidade, priorizando o mantemento e coidado do noso patrimonio e a boa imaxe de Mondoñedo”.