Site icon Crónica3.com A Mariña

O helicóptero Pesca-II evacúa a un tripulante ferido dun veleiro en Burela

Burela, 2 Setembro, 2025. Un tripulante dun veleiro tivo que ser evacuado de urxencia na tarde deste martes en Burela tras sufrir un golpe na cabeza que o deixou en estado de coma.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o suceso ocorreu sobre as 16:45 horas, cando Salvamento Marítimo informou da necesidade de rescatar e trasladar á vítima. Da situación tamén tiveron coñecemento o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil e o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Debido á gravidade do estado do ferido e á dificultade do operativo, un dos efectivos tivo que lanzarse á auga e acceder ao veleiro para poder izar á vítima a bordo do helicóptero Pesca-II, que o trasladou de maneira inmediata ao Hospital Público da Mariña.

Exit mobile version