Site icon Crónica3.com A Mariña

O pasado sábado, 20 de Setembro, o C.R. Celeiro desprazou 3 tripulacións da súa canteira a Navia para participar na “regata de bateis do Memorial Miguel Angel Vega -Miguelón- y Manolo Rodil 2025”

Resultados acadados: Alevín Femenino 3°clasificado. Alevín Masculino 3°clasificado. Cadete Femenino 4°clasificado. Os adestradores destacan o traballo e as ganas que demostraron todxs xs rapacxs, xa que para a gran maioría foi esta a súa primeira regata, tanto de remeiro/a como de patron/a. Dende a nova directiva queren facer unha aposta firme para dar un salto de calidade nas categorías base, polo que animan a todos os nenxs que se acerquen ata o club e proben este deporte de mar e equipo.

Exit mobile version