O PP cuestiona a falta de transparencia respecto das subidas no imposto de bens inmobles que afectan aos veciños de Burela
Entre estas necesidades estaban a colocación de baños portátiles e un suplemento de contedores, medidas que supoñen un custo económico mínimo para o Concello e que serían fundamentais para garantir a salubridade e a hixiene do mercado. “Trátase de actuacións sinxelas, de baixo custo, que xa se concederon para outros eventos ao longo do verán, e non entendemos por que agora se rexeitan”, afirma Manuel Rouco, voceiro do PP.
Ademais, Rouco critica os insultos proferidos durante a sesión plenaria polo segundo tenente de alcaldesa a membros do Grupo Municipal Popular. “É lamentable que, en lugar de dar explicacións, o equipo de goberno recorra a ataques persoais. Isto evidencia a falta de argumentos que caracteriza ao equipo da señora López Moreno”, destaca o voceiro popular.
Os populares esixen ao goberno municipal “claridade, transparencia e medidas concretas” que melloren a salubridade e o funcionamento do mercado semanal, lembrando que actuacións de baixo custo poderían ter un gran impacto positivo para a cidadanía.
SUBIDA IMPOSTO BENS INMOBLES
O PP tamén cuestiona a falta de transparencia respectos das subidas no imposto de bens inmobles que afectan aos veciños de Burela. “Ninguén entende estas subidas e a señora López Moreno non dá explicacións. Ou é por necesidade, ou por puro capricho”, engade Rouco.