Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz esixe que o Goberno do Estado ceda de forma gratuíta o solar fronte á Casa da Cultura, “como fixo noutras localidades, e acusa a Cajoto de querer malgastar os cartos veciñais”

Na sesión plenaria celebrada onte debateuse unha moción do PSOE sobre este asunto, que foi rexeitada cos votos en contra do PP e do BNG

Foz, 26 de setembro de 2025. O Grupo Municipal Popular de Foz denunciou no pleno ordinario que o alcalde Cajoto pretendía pagar 550.000 euros polo solar situado diante da Casa da Cultura cando este terreo, propiedade da Sareb, pode ser cedido gratuitamente polo Goberno do Estado, do mesmo xeito que xa ocorreu noutras localidades.

Na sesión plenaria celebrada onte debateuse unha moción do PSOE sobre este asunto, que foi rexeita cos votos en contra do PP e do BNG. Os populares explican que non podían apoiar unha proposta que implica gastar 550.000 euros de fondos municipais cando existe a posibilidade real de obter ese solar de forma gratuíta.

O voceiro popular, Javier Castiñeira, é contundente: “Cajoto quere malgastar máis de medio millón de euros dos veciños nun terreo que se pode conseguir sen custo. O alcalde non fixo as xestións que lle encomendou a Corporación, leva meses botando balóns fóra e agora pretende despistar pasando a responsabilidade á Xunta, cando é el quen ten que mover ficha fronte ao Estado”.

Desde o PP de Foz lembran que xa en abril se aprobou instar ao rexedor a faer as xestións necesarias para a cesión, sen que ata o de agora dera ningún paso: “É un engano e unha cortina de fume -afirma Castiñeira, porque mentres non haxa esa xestión, non se poderá asinar ningún convenio nin avanzar en proxectos que poderían mellorar o futuro do municipio”.

Ademais, desde o Partido Popular recordan que o Goberno central anunciou un lan de vivendas de promoción pública, comprometendo 183.000 novas vivendas en todo o Estado. “Ese solar de Foz podería destinarse a vivenda social, que tanta falta fai para a xente nova e as familias con máis dificultades. Pero para iso é imprescendible que se xestione a cesión gratuíta e non que Cajoto pretenda baleirar as arcas municipais”, explica Castiñeira.

Os populares consideran “inxustificable” pagar por un solar que pode chegar a ser gratuíto e acusan a Cajoto de actuar con “neglixencia e irresponsabilidade” na defensa dos intereses de Foz.

Exit mobile version