Os populares inciden no “suspenso” do goberno bipartito en materia de conciliación toda vez que “levan anos para chegar a ofrecer as prazas necesarias de atención a menores de 3 anos” e que, ademais, “nun primeiro momento deixaron fóra do servizo de Madrugadores a varias familias para este curso 2025-2026”
Os populares condenan, unha vez máis, “a total falta de previsión do goberno municipal” que, sendo coñecedores da demanda e de que é un servizo que as familias precisan xa, coincidindo co inicio do curso, non son capaces de poñer o PAI en funcionamento. “Nin sabendo cun ano de antelación son capaces de facer as cousas en tempo”, subliñan.
A pesar de que a licitación do contrato do servizo quedou deserto, os populares cren que “dende xuño, o goberno municipal debería ter buscado unha solución para poñer en marcha o Punto de Atención á Infancia” e instan á señora Rouco a “cumprir o que prometeu”.
Dende o PP vilalbés lembran que “o goberno local era coñecedor da demanda de prazas de atención a nenos e nenas de 0 a 3 anos en Vilalba e aínda así tardou anos en iniciar o procedemento para habilitar un PAI. E, agora, continúa sen poñelo en funcionamento. Moitas familias tiveron que buscar outros recursos noutros municipios”, lamentan.
A Xunta, pola súa banda, “ofreceu a súa colaboración dende o primeiro momento achegando 129.000 euros (máis do 90% do proxecto total) para o acondicionamento dun local axeitado” e, incluso, achega financiamento para que as familias non teñan que pagar un só euro polo servizo.
SUSPENSO DO BIPARTITO EN CONCILIACIÓN
Os populares inciden no “suspenso” do goberno bipartito en materia de conciliación toda vez que “levan anos para chegar a ofrecer as prazas necesarias de atención a menores de 3 anos” e que, ademais, “nun primeiro momento deixaron fóra do servizo de Madrugadores a varias familias para este curso 2025-2026”.
O PP de Vilalba considera que “o compromiso do goberno bipartito coa conciliación é só propaganda porque á hora da verdade non se implican en dar solucións ás familias vilalbesas”.