Os populares advirten que “nove meses despois de que o goberno local convertía en polémica a súa tramitación, aínda non aportou a documentación como require a normativa”
Os populares lembran que “fai nove meses, a escasas semanas da celebración da feira do Nadal de 2024, o goberno local convertía en polémica esta tramitación cunhas declaracións que o único que pretendían era poñer a venda antes da ferida, acusando a outros para tratar de tapar a súa incompetencia á hora de tramitar este tipo de expedientes”.
Cómpre aclarar que nove meses despois de que a Administración turística galega resolvese o arquivo da solicitude presentada polo Concello de Vilalba, declarándoo desistido por non atender na súa totalidade ao requirimento efectuado, o Concello non iniciou ningún novo procedemento para solicitar a declaración de festa de interese turística galega, pese a que na resolución de desistencia xa se lle indicaba da posibilidade que tiña de volver presentar unha nova solicitude.
O pasado mes de decembro, tras manter unha reunión cos criadores e criadoras de Capón, convidábamos ao goberno de PSOE e Vilalba Aberta a volver a tramitar a solicitude, “tal e como a propia Xunta lles indicaba que se podía facer”.
Os populares lembran que “foi o Concello o que desistiu de continuar coa tramitación ao non aportar a documentación esixida para cumprir cos requisitos que establece a normativa” e que se recollen no Decreto 4/2015, do 8 de xaneiro, que regula estas declaracións. “O que demostra o goberno bipartito é a súa incapacidade por aportar documentación que outros Concellos ou entidades promotoras de eventos que teñen logrado esta declaración si foron capaces de aportar”, subliñan.
Os populares defenden a “singularidade do Capón de Vilalba” e sinalan como “tradición na nosa vila a celebración da súa feira anual días antes de Noiteboa”; polo que cren que “a Feira do Capón cumpre de sobra as esixencias vinculadas á antigüidade, valor cultural e implicación de todo o pobo”. Pero tamén defenden que “o Concello ten que cumprir a lei” e, polo tanto, “debe acreditar formalmente os requisitos que establece a normativa e que, incluso, a Xunta lle detallou”.
“Mentres a Xunta colabora para conseguir un obxectivo beneficioso para Vilalba e os vilalbeses, o goberno local mantense de brazos cruzados e empregando a Feira do Capón con fins partidistas”, conclúen.