O alcalde, Dani Vega, dixo que “o presidente do Senado visita Ribadeo, creo que é unha boa noticia e unha alegría que as institucións visiten Ribadeo, que haxa unha reunión cordial co presidente do Senado, aquí en Ribadeo. Creo que hai que destacalo e subliñalo da importancia desta visita, dado que a cuarta autoridade do país visita Ribadeo, creo que é todo un exemplo de como está a facer Ribadeo o traballo”.
Para o rexedor “ter unha boa relación coas institucións é moi importante, administracións desde o punto de vista lexislativo, como é o Senado, tamén o Congreso dos Deputados ou tamén as distintas administracións como Deputación, o Goberno do Estado e a Xunta de Galicia”.
Vega considera que “hai que seguir nesta liña, destacar que é unha visita que tamén se vai unir ao comezo das Xornadas Mar por Medio, que vamos falar dese punto de encontro dos camiños, dese inicio que é Ribadeo da etapa do Camiño Norte. Vamos seguir afondando na historia e no impacto que está tendo o Camiño de Santiago tamén en Ribadeo e no conxunto do mapa galego e creo que o presidente do Senado inaugure estas Xornadas xunto co reitor da Universidade de Santiago, a vicereitora da Universidade de Oviedo, tamén o director da Axencia de Turismo de Galicia, a viceconselleira de Turismo de Asturias e tamén que participe a Academia Xacobea con esa organización das Xornadas, como respaldo tamén intelectual, eu creo que Ribadeo está mandando tamén unha mensaxe clara que do Camiño de Santiago, do Camiño Norte, se pode falar desde un punto de vista turístico, desde un punto de vista musical de concertos, pero tamén, e eu creo que hai que subliñalo, desde un punto de vista cultural, desde o mundo da intelectualidade, por seguir afondando e abordando asuntos que tamén interesan para Ribadeo”.