Xa pola tarde ás 18:00 horas participará na mesa inaugural das XX Xornadas Mar por Medio, que se desenvolverán no Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo ata o vindeiro domingo.
Nese acto xunto ao presidente do Senado estarán o reitor da Universidade de Santiago, a vicereitora da Universidade de Oviedo, a viceconselleira de Turismo do Principado de Asturias, o director da Axencia de Turismo de Galicia, o presidente da Academia Xacobea, o deputado provincial de Recursos Sostibles e o alcalde de Ribadeo.
O acto de inauguración das Xornadas Mar por Medio está previsto para as 18:15 horas.