Durante este primeiro encontro entre ambos mandatarios, José Tomé Roca desexoulle moita sorte nesta nova etapa e reafirmou a súa vontade de “sumar esforzos para desenvolver proxectos que beneficien aos veciños e veciñas e impulsen o desenvolvemento social e económico da provincia”
Neste primeiro encontro entra ambos mandatarios, Tomé Roca fíxolle entrega dun exemplar da publicación que recolle a historia do Pazo de San Marcos: Proxectos para o Hospital de Isabel II o Instituto de 2º ensinanza e a Deputación Provincial de Lugo. A continuación, José Tomé e Olimpia López mantiveron unha reunión privada e posteriormente, a Subdelegada firmou no Libro de Ouro da institución provincial.
O mandatario provincial deulle a benvida á Deputación de Lugo e desexoulle moita sorte nesta nova etapa que acaba de iniciar. Avanzou tamén que “estou seguro que a relación e a colaboración entre ambas administracións seguirá a ser moi boa” ao tempo que reafirmou a súa vontade de “sumar esforzos para desenvolver proxectos que beneficien aos veciños e veciñas e impulsen o desenvolvemento social e económico da provincia”.
A Subdelegada tomará posesión oficial do seu nomeamento nun acto institucional que se celebrará mañá mércores na Subdelegación do Goberno en Lugo.