O encontro serviu para abrir oficialmente o novo curso político na provincia, marcar as liñas estratéxicas de actuación e reforzar a coordinación interna de cara aos vindeiros meses.
Na súa intervención, José Tomé Roca fixo balance da actividade desenvolvida na provincia e sinalou as prioridades inmediatas. Así mesmo, informou á Executiva dos principais asuntos tratados na Comisión Executiva Nacional Galega celebrada o luns 8 de setembro, que marcarán o rumbo político do partido na provincia.
Entre os temas abordados, destacou o plan de visitas ás agrupacións locais, unha iniciativa que busca reforzar a proximidade coa militancia e recoller de primeira man as súas achegas co obxectivo de enriquecer a folla de ruta socialista.
Con esta nova xuntanza, o PSdeG-PSOE na provincia de Lugo reafirma o seu compromiso cun partido mobilizado, activo e próximo, decidido a seguir facendo avanzar o seu proxecto ao servizo da cidadanía lucense.