Site icon Crónica3.com A Mariña

O VI Torneo de Pádel Cervo terá lugar entre o 23 e o 28 de setembro

Haberá categorías 1°masculina, 2°masculina, feminina e mixta

Cervo, 9 de setembro, 2025. O Club Deportivo San Ciprián e o Concello de Cervo organizan o VI Torneo de Pádel Cervo que terá lugar nas pistas municipais do complexo deportivo da Veiga entre o 23 e o 28 de setembro, ambos incluídos.

A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, e por Fran García e Susana Moreno, en representación do Club Deportivo.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 15 de setembro a través da plataforma www.mistorneosonline.es ou do teléfono 639054015.

Os xogadores poderán competir nas categorías masculina, iniciación masculina, feminina e mixta; ata un máximo de 16 parellas por categoría. O prezo establecido para inscribirse será de 20 euros nunha categoría e de 28 euros en dúas categorías.

O premio será material deportivo e haberá cadro de consolación en todas as categorías e un sorteo solidario dan man da asociación Coletiñas.

O pádel está a vivir un momento de gran auxe, converténdose nun dos deportes con maior crecemento –precisou a alcaldesa- pola súa capacidade para combinar exercicio físico, diversión e socialización que o converten nunha disciplina cada vez máis demandada por persoas de todas as idades.

Este torneo supón pois –engadiu- “unha magnífica oportunidade para continuar impulsando o deporte no noso municipio, fomentando unha vida activa e saudable, nas instalacións municipais da Veiga”.

Desde o Concello “animamos a todas as veciñas e veciños, así como ás persoas que nos visiten, a participar nesta cita deportiva, xa sexa como xogadores ou como público, gozando dunhas instalacións de primeiro nivel e dunha competición que, sen dúbida, será un éxito”.

Exit mobile version