Abriu o acto a nova directora, María Ron Cancio, quen deu a benvida a todo o público e agradeceu a D. Xosé María García Palmeiro que aceptase o encargo da apertura deste curso académico. A vicedirectora, Sofía Acevedo, achegou ao público a traxectoria profesional de D. Xosé María, lembrando que no ano 1958, o noso conferenciante foi alumno da promoción do bacharelato laboral que inaugurou as instalación do noso centro, chamado daquela Instituto Laboral de Ribadeo.
Acompañou o acto, ao piano, o alumno de 2º ESO, Mateo Villapol Bello.
D. Xosé María é un barreirense (San Miguel de Reinante, 1948), licenciado en Historia pola USC e que realizou estudos de xornalismo na UCM. Afincado hoxe en Vigo, adicou corenta anos initerrumpidos ao xornalismo, dende o ano 1973, ata a súa xubilación no 2013.
Foi o primeiro decano electo do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (2000-2004), e tamén foi director de comunicación do Consello da Cultura Galega (2000-2013).
Traballou en diferentes medios e espazos de comunicación, na prensa: revista Teima, La Voz de Galicia, El País, Faro de Vigo; na radio: Radio Popular de Vigo e Onda Cero Radio; na televisión: TVE en Galicia e na TVG.
Na Radio Popular de Vigo, Xosé María caracterizouse por propostas informativas críticas e participativas e unha proactiva incorporación do idioma galego á antena.
No seu discurso, Xosé María acercounos ao matrimonio formado polo ribadense Ramón González e a porriñesa Corona González Santos, que destacaron pola súa labor benéfica e filantrópica a finais do século XIX e comezos do século XX. Ramón, nacido en Porcillán no 1856, emigrou, sendo moi novo, á cidade arxentina de Rosario. Alí fixo unha importante fortuna que lle permitiu retornar a Galicia, no ano 1899, e abrir sucursais do Banco Español del Río de la Plata, xa que fora conselleiro delegado en Rosario, nas ciudades de Santiago e Vigo.
No ano 1900, Ramón González coñeceu a Dona Corona nunha viaxe que fixo a O Porriño, establecéndose alí.
Subvencionou, entre outras colaboracións, clases e instrumentos musicais do Ateneo ribadense, financiou a construción do teatro e deu 150.000 pesetas da época para construir a Praza de Abastos.
Foi unha conferencia chea de emotividade, na que D. Xosé María fixo partícipe a todo o público das súas lembranzas no instituto e tamén tivo un agarimoso recordo para o seu profesorado e compañeiros de estudos.
Ao final do acto, D. Xosé María recibiu, como recordo da xornada, unha peza cerámica que representa a fachada do noso instituto, que el nomeou “a miña casa”, “a vosa casa”. Ademáis, a historiadora ribadense Celia Castro, presente no acto, entregoulle a petición da dirección, a súa última obra adicada: “Ramón González e Corona González Santos: un matrimonio de filántropos”.
A directora, María Ron Cancio, pechou o acto dando as grazas ao relator, a todo o público asistente e, de xeito especial, a Alfonso Piñeiro, exdirector do centro, por retomar ás conferencias inaugurais, e tamén ao exprofesor Roberto Rodríguez, pola súa axuda na organización da conferencia.