Os deputados populares desprazáronse ata Burela onde mantiveron varias reunións de traballo, unha delas co Grupo Municipal Popular e outra coa asociación de xubilados A Moncloa
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, destacou, en primeiro lugar, “o enriquecedor” da xuntanza mantida co voceiro popular en Burela, Manuel Rouco, e o todo os concelleiros do PP xa que “deste xeito podemos estreitar lazos, facer equipo e, sobre todo, coñecer de primeira man a realidade e as necesidades do municipio”.
O grupo provincial do Partido Popular mantén a liña iniciada ao comezo do mandato de deslocalizar as reunións de traballos e organización de grupo, que se convocan ao longo da provincia demostrando que se pode apostar polo trato igualitario na provincia, aproveitando ademais para convidar ás mesmas aos alcaldes e voceiros da zona.
XUNTANZA COA ASOCIACIÓN DE XUBILADOS ‘A MONCLOA’
Os deputados populares tamén coñeceron a asociación de xubilados ‘A Moncloa’, que ten a súa sede no porto de Burela, e na que puideron falar con varios dos seus membros, así como visitar as súas instalacións.
Durante a xuntanza, os deputados populares puxeron en valor o traballo no mar realizado polos membros desta asociación e tamén se interesaron polas súas necesidades, entre as que sobresaen a ampliación das súas instalacións e a renovación do mobiliario.