Na páxina web municipal recóllese toda a documentación necesaria para obter o novo documento. O pago das taxas (12 euros no caso do DNI, 30 euros no caso do pasaporte) debe abonarse no vehículo VIDOC no momento da renovación, en efectivo e na cantidade exacta.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, indica que “desde o pasado mes de xuño podemos renovar as claves e os certificados do DNI na máquina PAD que está situada no casa do Concello. Agora poderemos renovar tamén o DNI físico, sen ter que desprazarnos a Viveiro. Están habilitadas xa as primeiras datas para pedir cita: o 23 de setembro e o 28 de outubro. Polo de agora o vehículo VIDOC da Policía Nacional vai a acudir unha vez ao mes a Foz, diante do CENIMA, e vai expedir 30 documentos en cada desprazamento. Quero agradecerlle ao comisario provincial, Luis Romera, a sensibilidade coa nosa demanda e á subdelegada, Isabel Rodríguez, o traballo feito para implantar un novo servizo que achega a administración aos cidadáns e lles facilita a vida”.