Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Ribadeo pasaron os máis de trinta creadores de contido que participaron esta fin de semana na XIII Xuntanza de Blogguers Gastronómicos de Galicia

Na vila foron recibidos polo alcalde, Dani Vega, e pola concelleira de Turismo, Marta Saiz, no Forte de San Damián, enclave que puideron coñecer de preto coa visita guiada por Alberto Paraje, secretario da asociación cultural de estudos históricos de Galicia. Os asistentes percorreron esta fin de semana diferentes enclaves da Mariña en Ribadeo, Foz ou Lourenzá e saborearon a gastronomía da zona. O Concello de Ribadeo colaborou coa organización deste evento, así como diferentes firmas tanto da vila como doutros puntos da comarca e de Galicia.

Exit mobile version