Tomaron a palabra Valentín García, secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, que patrocina o evento; Dani Vega alcalde de Ribadeo: Marcelino Agís, presidente da Academia Xacobea e Xesús Palmou, presidente fundador e actualmente presidente de honta da academia.
Trátase dunha edición moi especial ao cumprirse 20 anos desde que o hispanista británico John Rutherford promoveu a organización destas xornadas en Ribadeo. Logo dunha paréntese, desde hai catro ano as Xornadas están organizada pola academia Xacobea, reforzando a tradición e vocación xacobea de Ribadeo, unha vila acolledora e que promove gran cantidade de eventos culturais, segundo salientou o alcalde.
Pola súa banda, o secretario xeral da Lingua destacou o alto nivel académico e científico das xornadas, que este ano reforzan un dos valores do Camiño de Santiago, a súa capacidade para o encontro cultural e persoal dos que chegan a Galicia atraídos polo fenómeno xacobeo.
Ademais das actividades académicas destacan os actos musicais e lúdicos integrados no programa: O concerto de Manoele de Felisa, ao finalizar a sesión do venres; o da Coral Polifónica de Ribadeo ao finalizar a tarde do sábado e o Roteiro Cultural “Tras os pasos da Orde Franciscana”, que comezará ás 10 da mañá do domingo.
A inscrición nas xornadas está aberta na páxina web da Academia Xacobea entre os día 8 e 18 de setembro.