Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo acollerá catro ‘Concertos no Camiño’ entre o 20 de setembro e o 11 de outubro

Ribadeo, 18 de setembro de 2025. Ribadeo acollerá catro Concertos no Camiño entre o 20 de setembro e o 11 de outubro. O ciclo está organizado pola asociación Catro Canos, conta co financiamento da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello ribadense.

A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explicou que “o Concello de Ribadeo aposta claramente polo Camiño Norte potenciando actividades durante todo ano. Durante os meses estivais contamos con diferentes mercados de rúa e agora xa rematado o verán e da man da asociación Catro Canos apostamos polo actividades musicais con Concertos no Camiño”.

A edil dixo que “se trata dunha actividade que conta con grupos locais e da contorna. Catro concertos en diferentes lugares polos que discorre o Camiño Norte no seu paso polo Ribadeo”.

Saiz contou que “comezarán no peirao de Porcillán este sábado, 20 de setembro, a partir das seis da tarde, o día 27 a partir das dez da noite na Praza de España, o 4 de outubro tamén ás dez da noite en San Francisco e rematarán na Capela de San Lázaro ás dez da noite o día 11 de outubro”.

A concelleira de Comercio e Turismo engadiu: “agradecemos á asociación Catro Canos a organización destes Concertos no Camiño e á Xunta de Galicia a súa financiación. Insistimos, o traballo de todos é o que realmente fai que Ribadeo avance”.

O día 20 de setembro actuarán: Cabuxa Blue + artista convidado; o 27 de setembro Pantera Rosa; o 4 de outubro No Limit; e o 11 de outubro Kornucopia.

Exit mobile version