Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo contará cun novo miradoiro sobre a ría nas Carrallas

Ribadeo, 11 de setembro de 2025. Ribadeo creará un miradoiro nas Carrallas. Deste xeito segue a mellorar os espazos naturais.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “seguimos mellorando os espazos naturais, seguimos investindo e xestionando orzamento para poñer en valor espazos que estaban certamente abandonados. As Carrallas queremos convertelas nun miradoiro e hai varios obxectivos: evitar que sexa un espazo abandonado, tamén evitar que sexa un aparcadoiro ilegal para vehículos e caravanas, e ten un obxectivo claro, que é ser un miradoiro para contemplar a fermosa ría de Ribadeo”.

O rexedor subliñou: “nunha ruta de miradoiros, niso queremos converter todo este espazo, dende O Cargadeiro ata a Illa Pancha. E pouquiño a pouco vámolo conseguir. Espazos que estaban cheos de silvas, cheos de maleza, como foi o espazo que agora é o miradoiro de Loctudy, o pobo co que estamos irmandados, e agora As Carrallas, que era un espazo onde estaban aparcadas ilegalmente moitas caravanas e moitos vehículos que non tiña sentido que seguiran así”.

Vega dixo: “mellorar os espazos naturais conleva, evidentemente, conservalos, con moito esforzo, e estamos intentando seguir nesa liña. Pero neste caso nas Carrallas o que non podemos estar vendo que se estaba aparcando certamente ilegal ou ver un espazo que non tiña un valor engadido e tampouco nosoutros éramos partícipes da solución, puxémonos en contacto con Costas, atendeu a nosa proposta e agradecemos a colaboración do Goberno do Estado, concretamente de Costas, do traballo que está a facer”.

O alcalde engadiu: “vamos seguir nesa liña de coidar, mimar os espazos naturais e darlles un valor engadido para que non sexan ou espazos abandonados ou aparcadoiros ilegais”.

Exit mobile version