Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo e O Porriño seguen a estreitar lazos arredor de Ramón González e Corona González

Ribadeo, 20 de setembro de 2025. Ribadeo e O Porriño seguen a estreitar lazos arredor de Ramón González e Corona González.

Na localidade pontevedresa tivo lugar a presentación do libro Ramón González e Corona González, un matrimonio de filántropos, da historiadora ribadense Celia Castro. Xunto a ela estiveron os rexedores do Porriño e de Ribadeo, Alejandro Lorenzo e Dani Vega.

Vega dixo que “estamos moi contentos de volver ao Porriño para participar na presentación deste libro de Celia Castro, que nos achega un pouco máis á figura deste matrimonio de filántropos tan vinculados ás nosas vilas. A súa pegada está moi presente tanto no Porriño como en Ribadeo”.

Esta é a segunda vez que o alcalde ribadense visita O Porriño neste 2025. A primeira foi para o acto de irmandamento entre os dous Concellos arredor da figura de Ramón González, o pasado mes de xuño, data na que tamén foi presentada a décima edición do Ribadeo Indiano, que estivo dedicada neste 2025 ao filántropo ribadense. En xullo unha representación do Concello do Porriño, encabezada polo seu alcalde, acudiu a esta celebración.

Exit mobile version