O alcalde, Dani Vega, contou que “seguimos mellorando as nosas infraestruturas, sendo coñecedores que hai moitas mal, sendo conscientes de que debemos investir e temos que xestionar moito orzamento porque realmente as infraestruturas non están ben, hai moito que investir. Nestes momentos o Concello de Ribadeo xestionou 1,2 millóns de euros. Cales son as dúas vías de financiamento? Unha, a Xunta de Galicia e dúas, a Deputación a través do Plan Único que nos corresponde a todos os Concellos. Son dúas vías que estamos tendo e que evidentemente estamos chegando ou vamos chegar nestes momentos a moitos puntos do noso concello”.
O rexedor explicou que “xa actuamos en Arante, actuamos tamén en Cubelas concretamente en Vilela e nas Anzas, actuamos entre as parroquias de Couxela e Santalla e en Vilaframil. En Vilaframil tamén agora vamos seguir actuando en dúas delas. Tamén en Piñeira concretamente agora en estes momentos no barrio do Vilar. E vamos a actuar en Vilaselán, na Devesa, en Cedofeita, Ove e Remourelle. E así, continuamente investindo e actuando en cada un dos puntos do noso Concello”.
Vega subliñou que “este 1,2 millóns de euros é para este ano. Hai que recordar que vamos licitar tamén nos próximos días a variante de Rinlo, é dicir actuaremos en toda esa estrada que parte está destrozada, ao lado do Camping e do Labelinto, literalmente a terra e rematar a estrada da costa, que está completamente destrozada e intransitable”.
O alcalde considera que “queda moito que facer, moito que mellorar, pero creo que dende a humildade, dende a responsabilidade, vamos seguir mellorando as estradas. Somos conscientes de que queríamos andar máis rápido, pero isto non é así, hai que xestionar, hai que licitar e o importante ou o fundamental é que nestes momentos xa, despois de todo ese proceso, empezamos a traballar. Ese 1,2 millón de euros, significa que hai un Plan Avanza Rural que fai unha aposta clara pola mellora das infraestruturas de seguir coidando o noso rural”.