Ata a cidade do Lérez se desprazaron o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, onde se amosaron moi satisfeitos pola concesión deste premio “un respaldo e un recoñecemento ao traballo que en materia de deporte vimos realizando desde hai dous anos no Concello de Ribadeo. Nosoutros pensamos e defendemos que o deporte é algo estratéxico, a práctica do deporte é fundamental, pero tamén hai que velo como un elemento dinamizador da vila e fundamental para Ribadeo”.
Ademais recibiu o premio Deporte Galego 2023 a unha entidade de carácter privado a empresa BeOne, cuxo CEO é o ribadense Roberto Ramos, que tamén é vicepresidente de Agaxede, entidade privada que foi galardoada co premio Deporte Galego 2024.
Ao acto, celebrado en Pontevedra, asistiron o conselleiro de Deportes, Diego Calvo, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, entre outros.