Castelao é unha figura clave na historia de Galiza, tanto a nivel político como artístico
Os Quinquilláns farán una inauguración e visita teatralizada á exposición, formada por oito paneis que resumen o contido da obra, con textos descritivos e reproducións de fotos históricas e debuxos de Castelao.
Trátase dunha descrición cronolóxica, que explica os textos en relación coa súa actividade política desde 1934, cando asina os primeiros artigos, no desterro extremeño, ata 1944, cando se funda o Consello de Galiza, goberno galego no exilio do que foi primeiro presidente, e se publica a primeira edición da obra.
A mostra, comisariada por Henrique Monteagudo e coordinada por Xesús Domínguez Dono, viaxa pola provincia da man da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que impulsa a súa itinerancia coincidindo co 75 cabodano do artista e político nacionalista co obxectivo de achegar á cidadanía unha figura fundamental para a historia galega contemporánea.
Ademais da visita teatralizada, a exposición acompáñase da representación da obra Cousas, unha montaxe teatral baseada no libro de relatos de Castelao.
Rematará a tarde cun concerto do grupo Barahúnda de Rianxo.
A exposición poderá visitarse no Teatro das cortes até o 30 de setembro, enviando un correo previamente para concertala a: voltaedalle@gmail.com
PROGRAMA:
18h. Presentación e visita á exposición “SEMPRE EN GALIZA 1944- 2025. Proxección audiovisual sobre Castelao
19h. Representacion de “COUSAS” de Castelao por Os Quinquilláns teatro
20:30h Concerto do grupo Barahúnda
Organiza:
A.C. VOLTA E DÁLLE
Lugar do Xestoso,1 Cabanas O Vicedo