O obxectivo é que esta vivenda poida estar habitada a finais deste ano, continuando así coa estratexia municipal de recuperar e dar un novo uso social ás antigas escolas de mestres das parroquias.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “seguimos avanzando no proxecto de rehabilitar as antigas escolas municipais e transformalas en vivendas sociais. Xa logramos dar uso ás de Trabadela, Sante, Vidal e Vilapercide, e agora é a quenda de Valboa, onde esperamos que unha nova familia poida instalarse antes de rematar o ano”.
García engadiu que “estas actuacións son unha resposta directa á problemática da vivenda e contribúen a fixar poboación no noso concello, ofrecendo solucións habitacionais dignas, accesibles e adaptadas ás necesidades da veciñanza”.
Este proxecto é un paso máis dentro do compromiso do Concello de transformar edificios en desuso en recursos útiles, contribuíndo a mellorar a calidade de vida no rural.