Site icon Crónica3.com A Mariña

Tres persoas feridas, dúas delas excarceradas, nun accidente entre un camión e dous turismos no Valadouro

O Valadouro, 22 Setembro, 2025. Tres persoas resultaron feridas esta mañá nun accidente de tráfico no que se viron implicados un camión e dous turismos na estrada LU-162, ao seu paso pola parroquia de Budián, no Valadouro.

O sinistro produciuse arredor das 08:15 horas, momento no que un particular contactou co 112 Galicia para alertar do ocorrido e advertiu da posible presenza de persoas atrapadas no interior dun dos vehículos.

De inmediato, a central do 112 informou aos Bombeiros de Barreiros, que tiveron que empregar o material de excarceración para liberar a dúas das persoas implicadas. Pola súa parte, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladou ás tres vítimas ao hospital de referencia.

Ademais, tamén foron informados os axentes da Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil da localidade, que colaboraron no operativo.

Exit mobile version