Site icon Crónica3.com A Mariña

Un camioneiro, evacuado en helicóptero despois dun accidente na Pastoriza

A Pastoriza, 6 Setembro, 2025. O condutor dun camión que transportaba palla tivo que ser excarcerado polos equipos de emerxencia despois de envorcar este sábado na N-640, ao seu paso por Pousada, na Pastoriza.

O accidente produciuse arredor das 13:50 horas, momento no que un particular alertou ao 112 Galicia de que o vehículo se atopaba envorcado e que podería haber unha persoa atrapada no interior.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse aos Bombeiros de Vilalba, ao GES da Pontenova, á Garda Civil e a Protección Civil.

Unha vez no punto, confirmaron que o condutor permanecía atrapado, polo que foi necesario empregar o material de excarceración para liberalo.

Finalmente, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 evacuouno a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o hospital de referencia.

Exit mobile version