A recollida de dorsais poderase realizar o sábado durante o horario de apertura das instalacións de BeOne Ribadeo, na rúa Pintor Fierros, e tamén o domingo entre as 8:30 e as 12:00 horas no stand da organización, nas inmediacións da saída do evento no parque de San Francisco.
O percorrido será duns 9 a 11 quilómetros no que os participantes deberán sortear arredor de 30 obstáculos. Serán 12 as tandas, que irán tomando a saída cada quince minutos entre as 10 e as 12:45 horas.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, manifestou: “estamos moi contentos de acoller un ano máis a celebración da Heroican Race. Agradecémoslle a BeOne a súa aposta por Ribadeo. E animamos á xente de toda a contorna a que o domingo pola mañá se achegue á nosa vila a presenciar este espectáculo deportivo”.