Site icon Crónica3.com A Mariña

“Viveiro confirma o seu destino turístico grazas ao noso traballo”, aseguran os socialistas

Viveiro, 2 de setembro, 2025. Viveiro consolidouse este verán como un dos destinos turísticos máis importantes de Galicia, con milleiros de visitantes que encheron as rúas, os establecementos hostaleiros e os comercios locais, asi como as praias e espazos verdes.

“Este éxito non é froito da casualidade, senón do traballo de fondo desenvolvido nos últimos anos polos anteriores gobernos socialistas, concretamente a través da área de Turismo”.

“A anterior Concelleira de Turismo, Marisol Rey, puxo en marcha unha estratexia, sólida, sostida e ambiciosa que apostou por dar a coñecer Viveiro en numerosas feiras nacionais e internacionais. Non se limitou unicamente a Fitur, senón que levou a nosa vila a outros escaparates turísticos de gran relevancia”.

“Viveiro foi pioneiro na participación en feiras turísticas cando outros concellos da Mariña e mesmo da provincia de Lugo non acudían. Grazas a esa aposta abrimos camiño, e despois seguiron máis concellos, o que tamén é positivo para dar a coñecer a comarca da Mariña no seu conxunto”, explicou a voceira socialista María Loureiro.

“Este labor continuado de promoción permitiu ampliar fronteiras, situar e afianzar a Viveiro no mapa turístico e acadar que hoxe sexa un destino recoñecido todo o ano, conseguindo a desestacionalización diversificando os atractivos do municipio e ofertar unha maior variedade de productos durante todo el año, co obxetivo de incentivar a chegada do turismo dunha maneira regular e evitar que se concentre solo por temporadas cortas, co que se consigueu unha gran afluencia de visitantes e beneficios directos para a hostalaría e o comercio local”.

FESTAS PATRONAIS E ACTIVIDADE CULTURAL

Ademais do turismo, este verán tamén deixou un balance positivo no eido festivo e cultural grazas á implicación da veciñanza.

“O PSdeG-PSOE de Viveiro quere agradecer o traballo das diferentes comisións de festas do Concello, pola súa entrega desinteresada na organización dos eventos en cada parroquia”.

“En canto ás Festas Patronais, que durante máis de 20 anos organizou directamente o Concello, este ano un grupo de mozos e mozas de Viveiro asumiron esa responsabilidade. O esforzo de todo un ano deu o seu froito: a veciñanza quedou moi satisfeita e a vila puido gozar duns festexos con identidade propia”.

“O Partido Socialista, nos distintos gobernos locais, sempre defendeu as festas patronais e parroquiais, colaborando en todo o posible. Só no ano 2024, por razóns económicas, non foi viable manter ese apoio”.

“En resumo, Viveiro reafírmase como un destino turístico de referencia grazas á planificación e ao compromiso dos gobernos socialistas, que tamén seguiron apoiando a cultura e as tradicións festivas que forman parte da nosa identidade colectiva”.

Exit mobile version