A experiencia, titulada “As portas de Viveiro”, propón aos participantes resolver os misterios da vila para poder traspasar as súas murallas e coñecer os segredos que agochan, “A muralla de Viveiro fala… se sabes escoitala. Atrévete a descubrir o misterio das antigas portas, lendas escondidas en pedra e inscricións que ninguén mira. Un percorrido medieval onde cada pista te achega ao segredo que Viveiro leva séculos agochando.”
Os participantes deberán resolver acertixos, preguntas e probar para completar o percorrido e clasificarse entre os mellores do proxecto, optando así a diversos premios.
A inscrición xa está aberta, de forma gratuíta, a través da ligazón: https://skeirrumtienda.com/xogal/. Para participar só é necesario dispor dun teléfono móbil con batería cargada, conexión a internet e calzado cómodo.
Con esta proposta, XoGal convida a redescubrir Viveiro e o seu patrimonio cunha fórmula innovadora que une xogo, historia e cultura.
XoGal é un proxecto que busca dinamizar o rural galego mediante a promoción cultural e turística baseada na gamificación, e contempla un total de 10 citas entre agosto e outubro de 2025, en dez concellos diferentes: Navia, Pedrafita do Cebreiro, Mondoñedo, Ribadeo, Viveiro, Abadín-Gontán, Vilalba, Pontedeume, Ortigueira e Neda