Site icon Crónica3.com A Mariña

Xoldra organiza este sábado en Mondoñedo unha degustación de produtos de porco celta como aperitivo ao Breason

Lugo, 19 de setembro. A Asociación Xuvenil Xoldra de Mondoñedo organiza este sábado, coa colaboración de Vicepresidencia da Deputación de Lugo, “As Vesperas”, unha xornada festiva con música, sorteos e unha degustación de produtos de porco celta, que servirá de aperitivo ao Festival Breason, que celebrarán o 7 e o 8 de novembro.

O deputado de Rural Daniel García acompañado por integrantes da asociación presentaron esta xornada, que se desenvolverá a partir das 20.00 horas na Praza do Concello. O responsable provincial loubou o traballo de Xoldra que “ademais de ampliar a axenda musical do outono cun festival que xa está nos calendarios de mocidade de toda Galiza, converteron a organización do Breason nunha oportunidade de encontro e de dinamismo a nivel local ao longo do ano con iniciativas coma esta”.

Daniel García ligou esta degustación, incluída no programa Un gusto de rural, un rural degusto, á aposta que “Xoldra fixo xa noutras edicións por empregar o festival como plataforma para achegar, especialmente á mocidade, a gastronomía, a artesanía e o patrimonio de Mondoñedo e da comarca”.

Na degustación, serviranse boliños de zorza e queixo e bao de agulla da man de Asoporcel e de criadores e produtores locais.

Exit mobile version