A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explica que “a axenda cultural en Ribadeo do outono comeza esta semana. O día 3 teremos unha actividade para os coles. Na biblioteca, dentro das actividades de Ler conta Moito e dentro tamén do ano Castelao, faremos que o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria coñeza a este gran escritor”.
A edil ribadense contou que “o sábado 4 está dedicado á música, con dúas actividades. Ás oito da tarde na igrexa do convento de Santa Clara o Coro da Escola de Música de Foz traeranos a escena un concerto con tres artes. Esperámosvos a todos alí ás oito. Despois ás dez No Limit poñerá a música dos Concertos no Camiño na rúa San Francisco”.
Sanjurjo engadiu que “o domingo estará dedicado ao teatro. Ás oito da tarde no auditorio Hernán Naval Avelino González porá en escena Apaga o Candil. Como sempre, esperámosvos a todos nos espazos culturais”.