
Dentro da programación do 50 aniversario da asociación, comeza esta etapa cun espectáculo moi especial ‘Cóntoche un traxe’, no que a través do relato de Montse Rivera disfrutaremos do traxe tradicional nun formato pouco habitual. Será no auditorio municipal de Burela este sábado 4 de outubro ás 6 da tarde para pasar unha entretida tarde en familia; ésta é unha acividade aberta ao público e con entrada de balde.