Concello e Xunta de Galicia asinaron un acordo o pasado xullo para levar a cabo as obras de acondicionamento do polideportivo municipal que permitirán recuperar o edificio despois de preto de dous anos en desuso
Esta importante, e demandada actuación, viu luz verde cando o Concello de Cariño e a Xunta de Galicia asinaron o pasado mes de xullo un acordo para acometer as obras de acondicionamento do polideportivo municipal, co fin de recuperar un edificio que leva preto de dous anos en desuso.
O proxecto conta cun investimento total próximo aos 240.000 euros, dos cales a Xunta achegará o 80% e o Concello o 20% restante. Grazas á actuación poderase recuperar un espazo crave para a actividade deportiva, educativa e comunitaria da localidade, pechado desde hai case dous anos debido a importantes deficiencias estruturais herdadas de xestións anteriores.
Con esta actuación, aténdese unha demanda histórica ao mesmo tempo que se avanza na mellora das dotacións públicas do municipio, materializando deste xeito un dos grandes obxectivos do executivo local liderado por Ana María López desde a súa chegada ao consistorio no 2023.