O programa comezará o sábado 4 cunha misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo ás 13:00 horas, seguida da procesión e da sesión vermú co Grupo Fénix. Pola noite, ás 22:00 horas, terá lugar a gran verbena amenizada polo Grupo Fénix e por Tania Veiras.
O domingo 5 celebrarase novamente a misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo ás 13:00 horas, coa súa correspondente procesión, e a sesión vermú estará amenizada polo Dúo Belinda.
O recinto festivo contará cun servizo de carpa para garantir o desenvolvemento das actividades independentemente da meteoroloxía.
O Concello anima a toda a cidadanía a gozar dunha fin de semana de tradición, música e convivencia que inaugurará este mes de outubro.
Na presentación, a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, o concelleiro Alfredo Fernández, emembros da comisión organizadora da Festa.