Site icon Crónica3.com A Mariña

Ateigada a Praza do Concello de Viveiro en demanda de médic@s

Viveiro 2 de setembro de 2025. Unha praza do Concello de Viveiro ateigada de xente esixiu hoxe aos responsables de xestionar a sanidade pública, que se restablezan uns servizos sanitarios completos de persoal.

Momentos antes da concentración colocáronse na mesma praza mesas de recollida de sinaturas dirixidas ao concelleiro. Esta recollida de sinaturas, que comezou hai 15 días avanza a moi bo ritmo e achégase xa ás mil sinaturas.

Tamén se presentou hoxe o novo díptico actualizando “as mentiras do PP”, xa que durante este verán os representantes políticos do PP “adicaronse a aumentar o listado de mentiras con que tentan disuadir á poboación para que non manifeste o seu malestar”, sinalan desde a Plataforma Sanitaria da Mariña.

Exit mobile version