A Vicepresidencia da Deputación e o Concello de Barreiros apoiaron a organización da marcha, na que a Fundación Eu Son actuou como anfitrioa
A xornada comezou cun acto de inauguración no Polideportivo Municipal no que, seguindo o modelo das cerimonias dos Xogos Olímpicos, deportistas da Fundación Eu Son (Burela), Prodeme (Monforte), As Burgas (Ourense) e Aspas (Compostela) e do Club Ciclista Monforte, desfilaron portando os elementos identificativos de cada colectivo.
O deputado de Mocidade Daniel García e a alcadesa de Barreiros Ana Ermida, acompañados polo presidente de Special Olympics Galicia Eladio Fernández, representantes da corporación municipal e do tenente alcalde de Burela e vicepresidente da Fundación Eu Son Mario Pillado, deron a benvida as e os participantes.
Medio cento de ciclistas fixeron despois a marcha na que as ganas de chegar á meta foron á par do compañeirismo, a solidariedade e a vontade de superación. Un ambiente sostido ao longo dos 19 quilómetros de percorrido, entre eles treitos con vistas ás praias.
Daniel García e Ana Ermida agredeceron “a Special Olympics que tivese elexido Barreiros para comezar esta marcha unificada, que visibiliza o deporte como espazo de encontro e de convivencia. Tamén reiteraron o apoio da institución provincial e do concello ao deporte e ao ocio inclusivo.
Barreiros abriu o calendario da XIII Marcha Ciclista Unificada, que continuará con tres probas máis, en Pereiro de Aguiar, Santiago de Compostela e Vilargarcía de Arousa, daquí ao domingo, co participación en cada caso doutros colectivos comarcais, sumanda en conxunto máis de 200 participantes.