Degustacións, obradoiros, actividades para as crianzas, música en vivo e máis actividades acompañarán a máis de 30 postos de alimentación e artesanía dende as 11h ata as 20h.
Como novidade desta edición realizarase un obradoiro de cestería en colaboración co Centro de Artesanía da Deputación provincial ao cal será necesario inscribirse previamente no rexistro do Concello de Barreiros ata completar as prazas e no cal terá prioridade as persoas censadas no Concello de Barreiros.
O Mercadiño comezará ás 11h coa actuación do grupo de Gaitas da A.F O Arco da Vella e a continuación actuará o grupo Deux a la Creme. Ás 12:30h. será a tradicional degustación con elaboracións feitas con produtos de razas autóctonas.
Durante a tarde haberá un posto de castañas asadas de balde para toda a xente que visite o mercadiño e actividades para as crianzas. Rematará o evento co sorteo de varias cestas.