Os ilícitos están vinculados co clonado de tarxetas
O operativo policial iniciouse o pasado mes de maio, tras ter constancia do pago de combustible nunha estación de servizo de Ribadeo por un importe de 1280 euros, con cargo a unha tarxeta bancaria asociada a un vehículo pesado, o cal non fora enchido polo seu lexítimo propietario. O propietario do vehículo deuse conta do sucedido cando ao ir encher o camión da súa empresa, a tarxeta non deixo realizar o pago do combustible ao superar o límite de gasto establecido previamente.
No marco da investigación tívose coñecemento da comisión doutro ilícito da mesma índole denunciado en Milladoiro (A Coruña), no que se realizou un pago de 1340 euros na reposición doutro camión.
Tras obter e analizar todos os datos en poder da Garda Civil logrouse identificar fisicamente as persoas que levaran a cabo tales reposicións.
A investigación culminou o pasado sábado, cando os axentes que levaron o caso observaron a un camión que acababa de encher combustible nunha estación de servizo de Ribadeo, e os seus dous ocupantes eran sen ningún xénero de dúbidas as persoas supostamente vinculadas cos delitos de estafa.
De tal xeito procedeuse á súa identificación, tras a cal os axentes descobriron que os infractores tiñan no seu poder, entre outros obxectos, sete tarxetas bancarias clonadas, coas que cargaban as repostaxes que efectuaban nas estacións de servizo, podendo verificar que acababan de facer un pago de 1520 euros para encher de combustible o camión que conducían.
Ademais das tarxetas clonadas ilicitamente, tamén lle foron intervidos un lector portátil de bandas magnéticas, empregado no proceso de clonado das tarxetas bancarias das que se aproveitaban para reportar e cinco ferramentas artesanais empregadas para a apertura das portas de camións.
As dilixencias policiais foron postas ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda de Mondoñedo.