O programa estivo dirixido e moderado por Pepe Peinó e nel participaron os seguintes convidados:
– Antonio Jesús Lorenzo “Cachín”, colaborador de Cáritas e de Mariña Marabillosa, con formación profesional relacionada co medio ambiente.
– Antonio Varela Sánchez, enxeñeiro de obras públicas da empresa Xesteco da Pontenova, con colaboración en programas de recuperación nas ribeiras do río Eo e na ría de Ribadeo.
– Álvaro Doural, presidente da Comunidade de Montes de Ove, en Ribadeo, defensora da iniciativa de substituír eucaliptos por aguacates.
– Celtia Traviesas, enxeñeira agrícola, con máster universitario en Xestión Sostible da Terra e do Territorio, que tamén traballa na empresa Xesteco da Pontenova, que xestiona a tirolina das minas e as visitas guiadas ás minas.
– Sofía López Gómez, técnica do Equipo Técnico Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense, que xestiona a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense.
Durante o coloquio, que durou preto de dúas horas, faláronse principalmente tres temas: a situación do medio ambiente nos ríos, a situación do medio ambiente nos montes e lugares de cultivo e o impacto ecolóxico do turismo na Mariña Lucense.